#RadioTriboNaRede Un programa que xorde desde o confinamento
MP3•Laman utama episod
Manage episode 267949095 series 2763266
Kandungan disediakan oleh A Tribo Radio. Semua kandungan podcast termasuk episod, grafik dan perihalan podcast dimuat naik dan disediakan terus oleh A Tribo Radio atau rakan kongsi platform podcast mereka. Jika anda percaya seseorang menggunakan karya berhak cipta anda tanpa kebenaran anda, anda boleh mengikuti proses yang digariskan di sini https://ms.player.fm/legal.
Neste primeiro programa contamos coas voces de persoas pertencentes a diferentes ámbitos, que reflexionan sobre o momento actual que vivimos a nivel social, económico, sanitario, cultural, medioambiental e psicolóxico. Contamos co actor Carlos Blanco; a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba; a escritora e filósofa Rebeca Baceiredo; con Ana María Núñez Rubines, coordinadora do Grupo de Intervención Psicoloxía en Catástrofes e Emerxencias do Colexio de Psicoloxía da Galiza; con Iago Lestegás Tizón, arquiteco e Doutor en Urbanismo; con Isabel Prego, celadora no Chuac; e Jesús López Romalde, catedrático de Microbioloxía e director do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da Universidade da Coruña. Así como con Luís Rei, recepcionista de Mercadoría nun hipermercado da Coruña; Marta Rial Chorén, psicóloga e activista da Plataforma Mina Touro-O Pino NON; Mónica Fernández, auxiliar de enfermería no Chus; Rita del Lago, cociñeira no centro de maiores de Celanova, Sagrario Fernández, Traballadora Social no Hula; Sofía Riveiro Olveira, educadora social; e Jessica Rei, da plataforma Salvemos a Comarca de Ordes. O programa complétase coa música de Magín Blanco, Radio Infame, Guadi Galego, Xabier Díaz, Cuarta Xusta, Ruxe Ruxe e Zënzar __ Entra na TRIBO e convida tamén ás túas amizades a que o fagan. Aquí tes máis informacion www.atribo.gal twitter.com/ATriboRadio https://www.facebook.com/ATriboRadio https://www.instagram.com/atribo.gal/
…
continue reading
8 episod